Esta aplicación non funciona correctamente con Internet Explorer.
Por favor, utiliza outro navegador coma Google Chrome ou Firefox.
Este xogo forma parte do proxecto de educación emocional “Viaxe ao reino das emocións”, que se traballa nas aulas de infantil e primeiros cursos de primaria de centros educativos de toda Galicia. A través do mesmo, trátase de ensinar aos nenos e nenas a desenvolver as súas competencias emocionais por medio da historia de Draco, un dragón que chega ao Reino do Aloia para aprender a xestionar as súas emocións coa axuda da fada Andreia. Na súa viaxe coñece a diferentes personaxes, e de cada un deles lévase unha ensinanza:
Neste xogo están dispoñibles os diferentes escenarios onde habitan estes personaxes para crear a vosa propia historia inseríndoos nos mesmos. A imaxe compleméntase con obxectos que axudan a contar a situación e con música para ambientala. Por outra parte, é posible escoller un diálogo ou onomatopea dos que xa están dispoñibles no xogo ou escribir o voso propio texto. Ademais, no globo de diálogo pódese introducir unha imaxe que axude a entender a historia aos máis pequenos e pequenas.
Este xogo pódese usar para crear unha viñeta con música contando unha situación, pero tamén podedes descargar varias imaxes e crear unha pequena historia. Así mesmo, os mestres e mestras podedes usalo para facer recordatorios de actividade dentro do proxecto ou imaxes relacionadas co aprendido na xestión das emocións. Unha mensaxe expresada por Iris ou polas toupiñas pode axudar aos nenos e nenas a non esquecer consignas importantes na xestión emocional.
Mergulládevos no Aloia da man destes personaxes e utilizade toda a vosa creatividade para darlles vida. Agardamos que desfrutedes a viaxe!